Thursday 02 de May de 2024

Boa acollida do III Encontro Mocidade Voluntaria celebrado Perillo


O III Encontro Mocidade Voluntaria serviu para que numerosos mozos e mozas do municipio coñecesen de primeira man as ONG e entidades sociais participantes neste xornada, para valorar posibilidades de voluntariado na comarca coruñesa. Ademais dos postos informativos de cada unha das entidades participantes, houbo mesas redondas e faladoiros sobre voluntariado e cooperación, así como actuacións musicais e a gravación en directo do programa Mociradio; un espazo radiofónico elaborado por un grupo de mozas e mozos de Oleiros e que se emite a través das redes.